Escoitar

<br /> <br /> O alcalde anuncia que as Hermanas de la Caridad, os Misioneros dos Enfermos Pobres e San Rafael no pagarán tarifas de auga<br /> <br />

O alcalde de Vigo informou esta mañá do acordo ao que chegou con Aqualia polo que os as Hermanas de la Caridad, os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres e San Rafael pagarán o recibo mínimo de auga, 15 euros, que por lei lles teñe que facturar a concesionaria. Deste xeito será Aqualia a que asuma os preto de 25.000 euros anuais aos que ascendía a factura destas entidades benéficas

mércores, 21 dec 2011
As Hermanas de la Caridad, os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres e o centro San Rafael pagarán o recibo mínimo de auga, 15 euros, o que significa que estas institucións benéficas non pagarán tarifas de auga, co que pasarán de ter que pagar uns 2.000 euros ao mes, a 15 euros. Segundo avanzou o rexedor, esta decisión, que será aplicada de xeito rectroactivo, suporá que Aqualia asuma os preto de 25.000 euros anuais aos que ascendía a factura destas entidades.

Caballero, quen explicou que a concesionaria ten que cursar o recibo mínimo por motivos legais, cualificou "esta nova como moi boa para a cidade solidaria como Vigo", explicou que esta exención tamén afecta ao canon do saneamento, "seguirá todo como estaba ata o de agora", concluiu.