Escoitar

Xuventude organiza un Campamento de Nadal nas instalacións do CEP Douctor Fleming

Aínda quedan prazas dispoñibles para participar no Campamento de Nadal que organiza a Concellería de Xuventude os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.

xoves, 22 dec 2011
13245601171323084960navidadnenos.jpg
Horario: 7:45 a 15:15 h
Beneficiarios: nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados/as no Municipio de Vigo.
Prezo: 45 €
Localización: CEP Douctor Fleming ( Rúa Ourense nº 15)
Inscricións: Dende o día 5 de decembro na Casa da Xuventude ( R/ López Mora, 31) e ata cubrir prazas.
Documentación necesaria:
1.Ficha de enscrición debidamente cuberta e asinada ( recoller na Casa da Xuventude ou descarar da web www.xuventudevigo.org.
2.Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou representante legal do/da menor.
3.Volante de empadroamento do/da menor no Municipio de Vigo.
4.Foto tamaño carné do/da menor. Fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor.

Máis información: Casa da Xuventude,R lópez Mora 31. Teléfono 986 294 806
Descargar todas as imaxes