Escoitar

Pleno da Corporación Municipal, sesión ordinaria

venres, 23 dec 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 25


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTESEIS de DECEMBRO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores (Sesións ord. 31.10.11 e ext. urx. 23.11.11).


- Toma de posesión da concelleira do Grupo municipal do Partido Popular, Dª Alexia María Alonso Alonso.

- Intervención ante o Pleno da Corporación da Asociación de Veciños de Lavadores en relación con campaña de distorsión de grupo de ex-socios. Expte. 347/1101.

- Intervención ante o Pleno da Corporación da Asociación de Xubilados e pensionistas Vilagalicia en relación coa súa expulsión da sede social da asociación. Expte. 349/1101.

- Intervención ante o Pleno da Corporación da Federación de AAVV Eduardo Chao para expoñer a situación da Federación. Expte. 379/1101.

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Estado de execución do estado de gastos e ingresos do presuposto, correspondente ao terceiro trimestre do ano 2011. Expte. 101843/140 (359/1101).

3.2.- Rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos, propiedade municipal número 668, praza Elíptica. Expte. 19380/240 (371/1101)

3.3.- Expediente de investigación de oficio da titularidade municipal de varios viais no ámbito APR 5-39 Vía Norte. Expte. 19160/240 (358/1101).

3.4.- Desafectación do ramal do camiño Subida á Madroa-Candeán, folla número 23-22. Desestimación. Expte. 18423/240 (374/1101).

POLÍTICA SOCIAL, CULTURA E DEPORTES
3.5.- Proposta da Alcaldía-Presidencia de data 14.12.11, de nomeamento de D. Roberto Relova Quinteiro como vocal do Padroado da Fundación MARCO. Expte. 367/1101.

3.6.- Convenio de colaboración co IGVS ao obxecto de prórroga do prazo de vixencia do Consorcio Casco Vello de Vigo. Expte. 375/1101.

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando á xunta de Galicia a acometer a ampliación do Colexio A.R. Castelao e o peche exterior do colexio Javier Sensat, así como a cubrición das pistas deportivas dos dous colexios. Expte. 366/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista propoñendo decálogo de medidas á Xunta de Galicia para frear o deterioro do sistema educativo. Expte. 325/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Deputación de Pontevedra diversas accións en relación doa débeda pendente do MARCO. Expte. 372/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista demandando á Xunta de Galicia o cumprimento do compromiso de creación dun xulgado de 24 horas en Vigo. Expte. 373/1101.

5.5.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno central a realizar diversas accións relacionadas coa cobertura sanitaria. Expte. 370/1101.


6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal Popular instando ao Goberno municipal a posta en marcha dunha escola infantil na urbanización Cambeses. Expte. 368/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal Popular instando ao Goberno municipal a manter o convenio asinado coa Asociación de Veciños de Teis para uso do centro cívico. Expte. 369/1101.

4.a. Mocións urxentes

4.a.1. Moción do Grupo municipal do BNG instando ao Goberno municipal á sinatura dun novo convenio doa AVV de Teis para a xestión do centro cívico. Expte. 376/1101.

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E SEIS DE DECEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 22 de decembro de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.