mércores, 2 mar 2011
O alcalde de Vigo valorou este mércores de "moi notable" e "excepcional" o compromiso adquirido hoxe polo ministro de Fomento, José Blanco, coa chegada da Alta Velocidade a Galicia, proxecto que avala co seu cargo. Abel Caballero defendeu "o noso dereito" a contar co AVE na comunidade e destacou que esta conexión permitirá unir Vigo con Madrid en dúas horas e media.
mércores, 2 mar 2011
Abel Caballero quixo este mércores ensalzar a figura de Enrique Curiel, recentemente falecido, como "gran vigués" que "traballou pola cidade durante moitos anos" dunha "vida de servizo ao público". O alcalde vigués transmitiu aos familiares e achegados de Curiel "o pesar da cidade de Vigo polo falecemento" e asegurou que hoxe é un "día triste" para a urbe.
martes, 1 mar 2011
Responsables da antiga Tranvías Eléctricos fixeron este martes entrega ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha sección transversal da vía do antigo tranvía que circulaba por Policarpo Sanz, atopada na recente humanización desta Avenida e construción do aparcamento soterrado. Explicou Caballero que a vía data de cen anos atrás e é un "símbolo do progreso da cidade".
luns, 28 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a varios concelleiros municipais e distintas autoridades participaron nesta pasada fin de semana na entrega dos galardóns á veintena de premiados deste tradicional evento, que reúne nas instalacións da Zona Franca de Vigo a algúns dos mellores cultivadores desta variedade asiática.
luns, 28 feb 2011
Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSOE e BNG- respaldaron este luns no Pleno da Corporación a proposta da Alcaldía para que o Concello se sume a esta iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que procura a adopción de compromisos para o desenvolvemento da calidade na xestión pública, materializada na accesibilidade, eficiencia e flexibilidade da administración local.
venres, 25 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres á inauguración da segunda fase da humanización da rúa Pizarro, por un valor de 2 millóns de euros. O total deste vial, máis a reforma integral das rúas que baixan ata a Praza de Fernando El Católico, suman 8 millóns de euros destinados polo Concello ao entorno de Pizarro. O alcalde asegurou que "continuaremos neste proceso" e avanzou que queda iniciar a rúa Brasil, xa incluída nos orzamentos municipais deste ano.
xoves, 24 feb 2011
Tras visitar onte a factoría viguesa de TRW -antiga Dalphimetal-, o alcalde de Vigo percorreu este xoves as instalacións da fábrica de Denso na cidade, unha da principais industrias de compoñentes da automoción asentada no territorio, dedicada aos sistemas térmicos. Caballero puido coñecer o seu plan de negocio e ofreceu a súa cooperación e a do Concello de Vigo para levar adiante os proxectos de desenvolvemento en Galicia desta empresa na que traballan máis de 200 persoas.
xoves, 24 feb 2011
Segundo indicou Abel Caballero, o programa municipal de asfaltados deu comezo este xoves e durará dous meses, contemplando a renovación e mellora do pavimento ao longo de 35 quilómetros de rúas, tanto no centro como nas parroquias, "o que significa atender a todo o ámbito vigués". O goberno local destina ao efecto tres millóns de euros nesta iniciativa que se desenvolverá "en paralelo aos procesos de humanización" en marcha.
xoves, 24 feb 2011
O alcalde de Vigo deu conta hoxe xoves do inicio dos traballos para a construción da rotonda de Gran Vía, á altura da rúa Baleares, onde ven operando provisionalmente. Caballero anunciou o establecemento dunha fonte luminosa de altura máxima da auga de 5 metros, que incorpora un sistema automatizado de detención dependendo do vento. Esta rotonda "resolveu un problema" de tráfico no vial, polo que decidiuse establecela como definitiva.
mércores, 23 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presentaron este mércores as actividades co que a cidade inicia os actos de conmemoración desta efeméride en Galicia. O próximo sábado, 26 de febreiro, celebrarase o acto central, con representacións musicais e teatrais, e toda a semana, desde hoxe, a Praza da Constitución acolle textos traducidos a 15 idiomas para a cidadanía.