O rexedor aborda co embaixador de Países Baixos en España futuras liñas de cooperación

mércores, 18 mar 2026

O alcalde recibiu no Concello ao embaixador do Reino dos Países Baixos en España, Roel Nieuwenkamp, nun encontro institucional no que tamén participou o cónsul honorario en Galicia e Asturias, Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde. Durante a reunión, ambas partes abordaron posibles vías de cooperación en ámbitos de interese común, poñendo de manifesto as similitudes entre Vigo e os Países Baixos en cuestións como a proxección internacional, o desenvolvemento económico e a aposta pola innovación. O embaixador Nieuwenkamp, no cargo desde 2022, conta cunha ampla traxectoria diplomática e económica, con responsabilidades na Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e como embaixador en Arxentina.

As fontes de Aragón ilumínanse maña de amarelo polo Día Mundial da

venres, 13 mar 2026

Este sábado, 14 de marzo , a cidade súmase á conmemoración do Día Mundial da Endometriose iluminando de amarelo as fontes de Aragón. O obxectivo é visibilizar a enfermidade crónica que afecta a millóns de mulleres e de nenas e que a miúdo se atopa infradiagnosticada. Tamén pretende concienciar sobre o impacto na calidade de vida e fomentar os diagnósticos temperáns.

A cidade conta cun programa municipal pioneiro para incorporar vivendas en alugueiro a prezo asequible

venres, 13 mar 2026

O alcalde presentou este venres "ViveVigo", o I Programa Municipal de intermediación no mercado de alugueiro a prezo alcanzable para vivendas baleiras. A iniciativa fixa unha dobre garantía, tanto para o arredador, ao que se garante o cobro da renda e a recuperación do piso nas mesmas condicións nas que o alugou; como para o arrendatario, xa que, se a renda supera o 30% dos seus ingresos, a administración municipal achegará o resto do prezo.

O alcalde dá a benvida ao Olympique de Lyon na súa visita a Vigo

xoves, 12 mar 2026

Caballero participou na recepción institucional á directiva do club francés antes do encontro europeo en Balaídos. Durante o acto, Caballero deu a benvida á delegación do club galo e destacou a relevancia de que Vigo forme parte do calendario das grandes citas do fútbol internacional. O rexedor subliñou ademais a proxección que supón para a cidade acoller encontros de competicións europeas, que atraen a afeccionados e delegacións deportivas doutros países. O alcalde trasladou tamén o seu desexo de que a expedición do Olympique de Lyon desfrute da súa estancia en Vigo e da hospitalidade da cidade, nunha xornada marcada polo ambiente futbolístico e pola presenza internacional en Balaídos.