Abel Caballero: “Levamos 18 anos facendo que Vigo se vista de verde”

mércores, 3 set 2025

Abel Caballero participou esta mañá en Madrid nun evento organizado pola Fundación Biodiversidade, baixo o título “Novos proxectos para impulsar a renaturalización de cidades españolas”. Esta xornada realizouse no marco do Fondo Europeo de  Desenvolvemento Rexional (FEDER) dada a súa importancia estratéxica. O Concello de Vigo obtivo unha concesión de 2,1 millóns para o plan municipal “Alcabre Verde”, cun custo total de 3,5 millóns.

Caballero participa na inauguración dunha mostra sobre os parques nacionais

martes, 2 set 2025

Organizada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais e Afundación; co apoio do Concello e Grupo Tragsa; e realizada por Lunwerg, a mostra a pé de rúa «Parques Nacionais» revaloriza o traballo de conservación realizado nestas contornas e a súa importancia para o futuro da nosa biodiversidade. En total, reúne 93 impactantes imaxes, gañadoras ou finalistas do concurso nacional de fotografía FOTOPARQUES, que nos achegan a algúns dos lugares e detalles máis sorprendentes destes espazos naturais. A exposición poderase contemplar na rúa do Príncipe ata o próximo 30 de setembro.

Abel Caballero saúda na reunión anual de Axis Dental

venres, 29 ago 2025

O rexedor achegouse esta mañá á reunión anual da empresa do sector odontolóxico Axis Dental, que nesta ocasión acolle a nosa cidade nas instalacións do Hotel Cidade de Vigo. No encontro estaban presentes representantes da empresa en toda España, aos que Caballero agradeceu a elección do noso concello e trasladoulles a importancia do seu sector para a cidadanía.

Caballero recibe o aval do Goberno de España ao plan de vivenda municipal

xoves, 28 ago 2025

O alcalde recibiu unha carta do Goberno de España asinada polo presidente, Pedro Sánchez, onde felicita ao goberno local polo plan de vivenda dotado con 11 millóns de euros. Caballero lamenta que desde a Xunta non se teña respondido á misiva na que o goberno local solicita as competencias para a construción de 1.000 vivendas en Vigo con fondos do Estado.