O Goberno de España propón a Concepción Campos Acuña, secretaria da Xunta de Goberno do Concello de Vigo entre 2011 e 2021, para presidir o Consello de Transparencia e Bo Goberno.
O presidente de Zona Franca, Abel Caballero, o delegado especial do Estado no ente, David Regades, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e a delegada do CSIC en Galicia, Carmen González, a tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Urbanismo, María José Caride, participaron este mércores na firma do convenio coa Xunta para desenvolver e executar a urbanización da parcela PS1 da ETEA e construír un aparcadoiro subterráneo na Praza de Armas, dentro do ámbito do campus científico-tecnolóxico do mar.
O aeroporto de Vigo foi distinguido nos premios Airport Service Quality (ASQ), outorgados polo Consello Internacional de Aeroportos (ACI), que avalían a calidade do servizo aeroportuario a través das valoracións directas das persoas usuarias.
Caballero acudiu ao Auditorio Mar de Vigo á xornada de clausura deste congreso organizado por ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia), patronal do sector e que agrupa a máis de 600 empresas. A nova edición dos Maritime Trends reuniu ás principais empresas e organizacións que lideran a industria naval, marítima e portuaria a nivel internacional. O Congreso serviu para realizar unha análise do estado da industria co foco na realidade actual dos estaleiros e armadores, os retos loxísticos e portuarios, o auxe das enerxías mariñas ou o crecente papel del sector de seguridade e a defensa no ámbito marítimo. Na súa intervención o rexedor vigués quixo destacar o papel da industria como "lugar central da economía" e "onde se producen as grandes revolucións e os grandes cambios, desde a revolución industrial ata a intelixencia artificial". Aproveitou tamén para destacar o papel das Forzas Armadas, que "xogan un papel tan importante na seguridade, que é máis que a defensa, e na tecnoloxía", polo que faise necesario "reforzar os sistemas e tecnoloxías do naval".
O alcalde animou este martes aos estudantes e tecnólogos da Universidade de Vigo a conseguir que os beneficios do aumento da produtividade que xerarán coa aplicación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial se repartan entre toda a sociedade. No acto de inauguración do “XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego” insistiu na necesidade de que tamén se xeren melloras sociais para toda a cidadanía, redundando no beneficio da cidade e do país.
O sábado 9 de maio o Auditorio Mar de Vigo será o escenario do concerto organizado para conmemorar o 25 aniversario da Orquestra Folk de Galicia Son de Seu. “Que todo Vigo acuda porque Son de Seu é unha orquestra folk excepcional”, animou o alcalde hoxe no acto de presentación da cita musical que contará coa participación de intérpretes con proxección nacional e internacional.
O presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero entregou hoxe á escritora An Alfaya o Premio Laxeiro 2026, con motivo da celebración do 118 aniversario do nacemento de José Otero Abeledo, en recoñecemento á súa prolífica produción literaria e ao seu talento para escribir para o público infantil e xuvenil.
O domingo 1 de marzo terá lugar a oitava edición da Carrreira 5+5 do Calvario, que parte coa previsión de repetir a participación de edicións anteriores coa presenza de máis de 1.000 atletas. Trátase da segunda proba de 2026 do circuíto municipal de carreiras populares “RunRun Vigo”.
Abel Caballero reiterou que defende a mesma posición desde que é alcalde. Á demanda da liberalización das peaxes sumou a tamén a gratuidade na autoestrada autonómica Vigo – Baiona e a construción “o antes posible” do túnel da A-52.
Vigo é a cidade española co maior número de Sendeiros Azuis municipais, con 14 distincións, segundo o anuncio realizado este venres pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, que aprobou a proposta do Concello de ampliar a listaxe con 9 novos itinerarios noutras tantas
parroquias.