martes, 10 feb 2026
O alcalde anunciou que vai “pelexar a fondo” e que xa solicitou unha reunión coa ministra de Deportes, Milagros Tolón, e co presidente do Consejo Superior de Deportes. “Non vou renunciar de ningún modo. A voz de Vigo vai chegar a todas partes”, concluíu.
luns, 9 feb 2026
O alcalde avanzou que propoñerá ás dúas compañías nacidas en Vigo para recibir esta distinción que o Concello entrega co gallo da Reconquista deste ano 2026.
venres, 6 feb 2026
O alcalde percorreu este venres, coa primeira tenente de alcalde, o concelleiro de Cultura, o director dos museos municipais e o responsable do Museo Quiñones de León, o remodelado espazo expositivo da primeira planta da Casa das Artes. O Concello investiu preto de 200.000 euros nas obras de mellora.
venres, 6 feb 2026
A fin de semana do 7 e 8 de marzo a Porta do Sol e a rúa do Príncipe acollerán a 61 edición do Concurso- exposición Internacional da Camelia. O alcalde explicou hoxe que o Concello vai realizar unha formulación diferente á das edicións anteriores xa que se instalará unha gran carpa na Porta do Sol para acoller a exposición das flores a concurso e para realizar talleres e o xardín “Sireno. Amais na rúa despregaranse doce paneis informativos con curiosidades e cultura da camelia. “Vigo é unha cidade de camelia”, afirmou o alcalde ao avanzar que a nova mostra estará centrada na forma de identificar unha cidade coas camelias.
venres, 6 feb 2026
O alcalde deu conta este venres de tres novas propostas na área de deportes para ser recoñecidos no mes de marzo como Vigueses Distinguidos.
xoves, 5 feb 2026
O alcalde entregou este xoves as distincións aos 54 mozos e mozas cuxas obras foron seleccionadas no concurso de debuxo de "Vigolandia". O certame contou coa concorrencia de 4.484 debuxos realizados por alumnos de 42 centros. Caballero destacou ante as familias a elevada participación da nova edición do certamen.
xoves, 5 feb 2026
Abel Caballero reiterou hoxe o seu apoio aos sanitarios da Comisión de Centro de Atención Primaria tras a concentración organizada este xoves ante o centro de saúde da rúa Cuba para reclamar á Xunta que resolva a “crítica” situación da atención sanitaria na área de Vigo.
mércores, 4 feb 2026
“Non consultar á primeira cidade de Galicia para o primeiro borrador do proxecto de lei para a Administración Local... comeza mal”, afirmou.
mércores, 4 feb 2026
Abel Caballero reiterou este mércores aos directivos de Vigo e de Pontevedra da "Asociación Española contra o Cancro" o apoio municipal. "Contade con nós no que necesitedes", afirmou durante a súa visita ás instalacións da rúa Venezuela con motivo da celebración do “Día Mundial contra o Cancro”.
mércores, 4 feb 2026
O alcalde avanzou este mércores que propoñerá para os galardoados deste ano as dúas entidades sociais e ao ex director de Cáritas Vigo polo labor desenvolvido ao longo da súa traxectoria.