mércores, 22 nov 2023
O alcalde de Vigo adiantou este mércores o avance no proceso de concesión das bolsas de libros do Concello coa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra das bases reguladoras para acceder ás axudas. Asegurou que o goberno local tratará de “ir coa máxima présa” na concesión de 205 euros a cada estudante.
martes, 21 nov 2023
O alcalde defendeu este martes o “modelo Vigo” do transporte privado de persoas ante os profesionais do sector do taxi que participan no congreso anual da Asociación Nacional do Taxi, que se desenvolve no Verbum. Abel Caballero incidiu no apoio e defensa do goberno local aos taxistas.
martes, 21 nov 2023
Un grupo de 45 alumnos de 5ª e 6ª de Educación Primaria do CEIP Altamar recibiron este martes unha lección especial sobre a importancia para a cidadanía de Vigo do traballo que desenvolve o Concello. Os participantes no programa “Visita o teu Concello” foron recibidos por Abel Caballero no seu despacho da Alcaldía, onde explicou as facetas da acción municipal en ámbitos importantes para os escolares, como as bolsas de comedor e as de libros, entre outras.
martes, 21 nov 2023
O alcalde anunciou que Vigo acenderá os 11,5 millóns de luces led nun acto na Porta do Sol o venres 24 de setembro ás 20 horas. O goberno local alumeará 450 rúas con máis de 6.000 estruturas, 4.000 arcos e motivos, 3.000 árbores e 56 elementos de gran tamaño. Abel Caballero dará comezo ao “Nadal en todo o mundo” cando o cronómetro situado no farol de Urzáiz chegue a 0, cun espectáculo de luz e son na árbore, que este ano mide 44 metros. O Nadal esténdese por toda a cidade con elementos 3D decorativos en Teixugueiras, Gregorio Espino, Bouzas, Praza Independencia e Progreso.
martes, 21 nov 2023
Vigo convértese desde esta semana na primeira cidade europea en contar cun sistema de tráfico que permite despregar once corredores de emerxencia para dar prioridade ao tránsito dos vehículos de Policía e Bombeiros. O dispositivo foi presentado este martes polo alcalde Abel Caballero e pola concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez.
martes, 21 nov 2023
Abel Caballero anunciou este martes que o Concello proxecta “potenciar e fomentar de forma notable” en Vigo o voluntariado. Para conseguir este obxectivo desenvolverase unha campaña informativa que colocará o eixo nos centros educativos e na mocidade viguesa.
venres, 17 nov 2023
O alcalde explicou esta mañá que “inmediatamente dende o Concello se acometeron os traballos de reposición” tras os desperfectos provocados polo temporal.
venres, 17 nov 2023
Doce artistas urbanos compiten este sábado 18 na V Edición do Certame de arte urbano, que se celebra no exterior da sede do Colexio de Arquitectos. Así o anunciou este venres o alcalde, ao destacar a transformación que se constata na cidade cos 177 murais instalados en medianeiras e muros de colexios.
venres, 17 nov 2023
O Consorcio da Zona Franca comeza a II edición de VÍATEXTIL con dez proxectos seleccionados que recibirán asesoramento para que poidan adaptarse ás novas tecnoloxías e adoptar ferramentas para afrontar os cambios con éxito. "Contar con Roberto Verino para liderar esta formación é un luxo para Vigo e o Consorcio da Zona Franca", manifestou o presidente de Zona Franca, Abel Caballero, que tamén se referiu ás iniciativas como "as protagonistas", ás cales manifestou que o obxectivo é "que a iniciativa e a creatividade ocupe o seu sitio no noso territorio".
venres, 17 nov 2023
Caballero sinalou que "converteuse nun referente da práctica da arquitectura efémera nova" e mostrouse "extraordinariamente satisfeito" pola elección. Impulsado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, une arquitectura contemporánea e reflexión sobre o urbano e o social, a través da construción dun pavillón temporal na cidade sede.