venres, 15 dec 2023
O Consorcio da Zona Franca de Vigo bota a andar a sexta edición da aceleradora multisectorial ViaExterior que se marca como obxectivo impulsar a proxección internacional de 20 novas empresas.
mércores, 13 dec 2023
Abel Caballero anunciou este mércores que o Concello despregará un dispositivo especial de limpeza das rúas da cidade durante as principais citas festivas do Nadal coa finalidade de eliminar o elevado volume de residuos que se prevén polas distintas celebracións.
martes, 12 dec 2023
A Fundación Vigueses Distinguidos celebrou este martes un xantar de confraternidade no que participaron arredor de 40 persoas, homes e mulleres que a título persoal ou en representación dalgunha entidade olívica, teñen recibido o galardón pola súa traxectoria profesional ou polas súas virtudes humanas ao longo da historia dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos que cada ano entrega o Concello.
martes, 12 dec 2023
Os datos oficiais de ocupación do aeroporto rexistrados en novembro, o cuarto con mellores resultados de 2023, “confirman a Vigo como un dos grandes destinos turísticos de Europa e de España”. Así o asegurou este martes Abel Caballero ao indicar que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75 por cento, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro.
luns, 11 dec 2023
Desde hoxe permanece aberto o prazo de inscrición para participar no Campus Polideportivo de Reis, que se celebrará no Complexo Deportivo das Travesas do 2 ao 4 de xaneiro. Así o anunciou este luns o alcalde Abel Caballero ao sinalar que a iniciativa conta con 150 prazas para nenos de 6 a 14 anos. O prezo da inscrición ascende a 30 euros. As actividades desenvolveranse entre as 9 da mañá e as 2 da tarde.
luns, 11 dec 2023
Abel Caballero anunciou este luns que a XIX edición de Vigolandia, que se celebrará do 26 ao 30 de decembro no Instituto Feiral de Vigo, garante cinco días de lecer e diversión combinado con iniciativas educativas.
luns, 11 dec 2023
A Xunta de Goberno adxudicou este luns á empresa Prace, Servizos e Obras S.A. a contratación das obras de construción da nova conexión por ramplas mecánicas entre o Colexio Losada e a Avenida de Ramón Nieto. O Concello fixa un prazo de nove meses para executar un proxecto orzamentado en 2.305.531 euros.
luns, 11 dec 2023
Abel Caballero anunciou que o Concello participará na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos europeos Next Generation EU, co obxectivo de ter unha xestión 4.0 e seguir mellorando o ciclo integral da auga.
xoves, 7 dec 2023
O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.
xoves, 7 dec 2023
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello comunicou aos colexios o nome dos beneficiarios das bolsas de comedor. Apuntou que se concederon un total de 3.963 axudas, 403 máis que o curso pasado. A administración municipal dedica, neste curso, 2.500.00 euros a sufragar os gastos de comedor dos estudantes de Vigo.