Caballero: "O aeroporto segue a crecer a velocidade de cruceiro"

luns, 13 nov 2023

O terminal viguesa consolidou o pasado mes de outubro a senda do incremento de pasaxeiros. Recibiu a un total de 101.395 viaxeiros, que representan un incremento do 9,9 por cento con respecto ao mesmo mes de 2022, no que se contabilizaron 92.264 usuarios. "Crece a velocidade de cruceiro", asegurou Abel Caballero.

Caballero: "O corto de animación Paseo por Vigo con Floreano e Monchiña dará a volta ao mundo"

venres, 10 nov 2023

Abel Caballero augurou este venres aos autores da curtametraxe de animación “Paseo por Vigo con Floreano e Monchiña”, Gogue Rodriguez Lopez e Jorge J. Costas, que a súa creación en 3D “dará a volta ao mundo”. Durante a presentación da película, o alcalde asegurou que as viñetas publicadas en Faro de Vigo son máis que “humor e perspicacia” para achegar unha “editorial” gráfica dos acontecementos de Vigo. Destacou a “dificultade técnica” dunha produción que percorre os principais enclaves da cidade nun paseo protagonizado polos personaxes Floreano e Monchiña.

O Concello desprega a pancarta de denuncia da violencia contra a muller

venres, 10 nov 2023

A fachada principal do Concello exhibe desde este venres a mensaxe do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres: “25N Non máis violencia por ser muller”. O despregamento da gran pancarta contou coa presenza de Abel Caballero, así como das concelleiras Carmela Silva, Olga Alonso, Elena Espinosa e María Lago. O Concello programou durante todo e mes de novembro un extenso calendario de actividades culturais e de reflexión, que concluirá o día 2 de decembro. O alcalde insiste sinalar a importancia, fronte aos negacionistas, de reivindicar a violencia machista como a base na que se asintan todas as violencias que padecen as mulleres polo feito de ser muller.

Os alumnos do Ceip Pintor Laxeiro visitan o Concello

xoves, 9 nov 2023

Abel Caballero e a concelleira de Educación, Olga Alonso, explicaron este xoves aos 50 alumnos de cuarto de primaria do Ceip Pintor Laxeiro, a importancia do traballo que desenvolve o Concello para propiciar o benestar dos vigueses. A visita enmárcase no programa "Visita o teu Concello", creado para achegar o Concello e o funcionamento da administración local ao estudantado.

Concello e Clúster do Deporte cooperarán para establecer o “Modelo Vigo” noutras cidades

xoves, 9 nov 2023

O alcalde mantivo unha xuntanza coa directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia na que intercambiaron opinións sobre a industria do deporte na cidade. Caballero salientou esta actividade, “que es transversal, compacta e iguala a cidade” e lembrou que o goberno local “adica total axuda e apoio con moitos recursos” ao deporte. O rexedor e o Clúster do Deporte seguirán na cooperación para exportar o “Modelo Vigo” a outras vilas da cidade.