Caballero enxalza a Festa da Vieira de Cambados que terá lugar a próxima fin de semana
O alcalde de Vigo enxalzou este luns, ante a primeira tenente de alcaldía Carmela Silva, o alcalde de Cambados, Samuel Lago; os concelleiros Tino Cordal e José Ramón Costa, e os representantes da Confraría de Pescadores e da Asociación de Comerciantes, Javier Millos e Juan Rey, a degustación das vieiras que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo na localidade pontevedresa con motivo da XX edición da Festa da Vieira. “Trátase dunha degustación excepcional”, afirmou.
Abel Caballero remarcou hoxe o valor da "Festa da Vieira" que terá lugar a próxima fin de semana en Cambados. “É unha gran festa, altísimamente recomendable, e non só porque sexa de Interese Turístico Galego, senón polo que significa: pola gastronomía, pola beleza do lugar”, remarcou o alcalde.
“As vieiras de Cambados son fantásticas, son unha degustación gourmet únicas e Cambados é un sitio encantador”, afirmou o alcalde ao trasladar o “agarimo” de Vigo a Cambados.
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, tras convidar a toda a cidadanía de Vigo a gozar da vixésima edición da Festa da Vieira, recalcou a calidade das múltiples preparacións dirixidas por chefs locais.