luns, 15 xul 2024
O alcalde acudiu á inauguración da nova praza na peonil do Calvario, nos números 136 e 138 de Urzáiz, e que une esta rúa con San Roque. “Unha nova praza e percorrido peonil, atractivo e urbanizado digno da cidade de Vigo”, afirmou Caballero.
luns, 15 xul 2024
O Concello gardou este luns un minuto de silencio polas 5 mulleres que esta fin de semana foron asasinadas, vítimas da violencia machista. Abel Caballero explicou que a cidade se sumou ás concentracións organizadas por concellos de toda España para "mostrar o noso respecto polas vítimas e a solidariedade coas súas familias".
luns, 15 xul 2024
Milleiros de persoas acudiron ao convite no Auditorio de Castrelos para ver o partido da final da Eurocopa entre a Selección Española de Fútbol e Inglaterra, no que “La Roja” saíu vitoriosa 2-1 fronte ao equipo inglés. Os asistentes gozaron da retransmisión do partido nunha pantalla xigante. “Castrelos petado”, afirmou o rexedor, que louvou e felicitou á Selección por converterse no equipo nacional que máis veces gañou este campionato, xa que saíu vencedora en 1964, 2008, 2012 e 2024.
luns, 15 xul 2024
Abel Caballero anunciou este luns que o Concello renovará as redes de abastecemento e saneamento de auga de distintas rúas de Coia, Teis e Lavadores.
luns, 15 xul 2024
O alcalde celebrou os datos de ocupación hoteleira da fin de semana, que acadaron a cifra do 81%, “un nivel altísimo”, afirmou, apuntando que Vigo está a acadar récords turísticos tamén coa suba dos viaxeiros que utilizaron o aeroporto olívico no mes de xuño, un 1,6% máis ca no mesmo mes do ano anterior. “Vigo segue sendo obxecto de atención e a cidade de moda en Europa”, concluíu.
luns, 15 xul 2024
O alcalde de Vigo enxalzou este luns, ante a primeira tenente de alcaldía Carmela Silva, o alcalde de Cambados, Samuel Lago; os concelleiros Tino Cordal e José Ramón Costa, e os representantes da Confraría de Pescadores e da Asociación de Comerciantes, Javier Millos e Juan Rey, a degustación das vieiras que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo na localidade pontevedresa con motivo da XX edición da Festa da Vieira. “Trátase dunha degustación excepcional”, afirmou.