A ocupación hoteleira do fin de semana foi do 81%
O alcalde celebrou os datos de ocupación hoteleira da fin de semana, que acadaron a cifra do 81%, “un nivel altísimo”, afirmou, apuntando que Vigo está a acadar récords turísticos tamén coa suba dos viaxeiros que utilizaron o aeroporto olívico no mes de xuño, un 1,6% máis ca no mesmo mes do ano anterior. “Vigo segue sendo obxecto de atención e a cidade de moda en Europa”, concluíu.
