Vigo ten unha nova praza que une Urzáiz con San Roque
O alcalde acudiu á inauguración da nova praza na peonil do Calvario, nos números 136 e 138 de Urzáiz, e que une esta rúa con San Roque. “Unha nova praza e percorrido peonil, atractivo e urbanizado digno da cidade de Vigo”, afirmou Caballero.

Vigo conta cunha nova praza que une ás rúas Urzáiz e San Roque. Abel Caballero visitou o novo enclave situado nos números 136-138 da peonil do Calvario e que xa está aberta á cidadanía. Unha nova praza de case 2.000 metros cadrados, “percorrido peonil, atractivo e urbanizado digno da cidade de Vigo”, expresou o alcalde.
A urbanización da nova praza permitiu dotar de coherencia estética e funcional á totalidade do espazo. Creáronse zonas verdes e axardinadas e instalouse novo mobiliario urbano.


