Escoitar

O xoves 18 de xullo saen á venda as reservas para o concerto de Luz Casal en Castrelos

Luz Casal subirase ao escenario de Castrelos o venres 2 de agosto ás 22:00 horas. Cada unha das 5.000 localidades terá un custe de 10 euros.

venres, 12 xul 2024

Abel Caballero explicou este venres o sistema para adquirir a reserva de entradas para a platea de Castrelos. Poñeranse á venda o xoves 18 de xullo e co fin de proporcionar unha maior axilidade á cidadanía as billeteiras, presencial e telemática, estarán operativas 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1000 en liña. En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de forma online.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista portorriqueño o prezo será de 10€.

O rexedor tamén recordou que o luns 15 de xullo saen á venda as reservas para Luis Fonsi e o martes 16 as do concerto de Sen Senra.

O Vigo en Festas comeza este sábado as 22:00 horas coa actuación de Dani Fernández.

Descargar todas as imaxes