Caballero visita o buque Xoán Carlos I na súa escala en Vigo
O rexedor participou na visita guiada polo buque de proxección estratéxica Xoán Carlos I, unha nave de asalto anfibio e portaavións que está facendo escala en Vigo xunto a outras dúas unidades da Armada: o buque de asalto anfibio Galicia e a fragata Blas de Lezo.

Os tres navíos, que conforman o grupo de combate expedicionario da Armada, fan escala en Vigo logo de operar nos últimos meses no Báltico. Durante a visita, Caballero valorou o traballo que desempeña a Armada española e referiuse ao Xoán Carlos I como "un dos buques anfibios máis importantes del mundo" destacando o papel 1.500 persoas que conforman a tripulación do grupo de combate Dédalo.
A cidadanía que o desexe poderá visitar os barcos no Peirao de Transatlánticos hoxe xoves e mañá venres pola mañá.
Antes da visita, o rexedor recibiu no Concello ao contraalmirante, Gonzalo Villar, Comandante do Grupo de Combate Expedicionario Dédalo; ao Capitán de Navío, Antón Estevan García, Comandante do Galicia; ao Capitán de Navío Santiago Martínez Mata, Comandante do Xoán Carlos I; ao Capitán de Fragata Pedro Ramos Carbonell, Comandante da Blas de Lezo; ao
Tenente Coronel Jose Luís Rivas de Sola, Xefe do Batallón de Infantería de Marina; e ao Capitán de Corveta Juan Ros Posac, Comandante do Grupo Naval de Praia.





