Escoitar

Samil será o escenario da programación musical do Marisquiño

Abel Caballero participou na presentación do cartel musical do Marisquiño con 13 concertos e unha trintena de artistas que actuarán en Samil o 9, 10 e 11 de agosto.

mércores, 10 xul 2024

Samil acolleu a presentación do cartel musical do festival O Marisquiño, que desenvolverá a súa programación no areal vigués. Abel Caballero asistiu ao acto no que se desvelaron as 13 propostas musicais cunha trintena de artistas.

No cartel deste ano destacan artistas como Rusowsky, Reality, ABHIR, LaBlackie, Hyne y Six Sex. Os sons urbanos como o hip-hop, rap, R&B, neo-pop emocional, funk carioca, o dembow e outros sonidos tropicais e a electrónica soarán en Samil para animar aos milleiros de persoas de todo o mundo que cada ano se achegan a Vigo para gozar do festival de deporte e cultura urbana.

Descargar todas as imaxes