Escoitar

O alcalde valora a transformación de Vigo que pasou de ser “unha cidade gris a unha amable para o turismo”

Abel Caballero participou este martes na clausura do IV Foro de Turismo organizado por Faro de Vigo, Prensa Ibérica e SEGITTUR, a Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas, arredor dos desafíos e oportunidades do sector na nova era dixital.

martes, 9 xul 2024
Foto de familia dalgunhas das persoas participantes na xornada
Foto de familia dalgunhas das persoas participantes na xornada

A xornada desenvolveuse baixo o título “O impacto da transformación dixital en destinos e empresas turísticas” e permitiu coñecer as mellores tecnoloxías á hora de impulsar a transformación dixital das empresas e entidades públicas especializadas no turismo. Contou coa participación do presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez Martín, e doutros representantes do ámbito turístico, universitarios e institucional.

No encontro, o alcalde puxo en valor a transformación experimentada por Vigo nos últimos anos, sendo capaz de “pasar dunha cidade gris e industrial a unha amable para o turismo” e trasladou a aspiración de conseguir que sexa “en termos relativos, a cidade máis importante de España en turismo”. Ao seu xuízo, nestes momentos, vivimos “unha explosión turística que a cidade é capaz de absorber e asimilar de forma razoable. A xente está encantada coa gran mobilización turística xerada nos últimos anos co Nadal”.

Descargar todas as imaxes