Escoitar

VigoCultura programa 23 espectáculos para o segundo semestre do ano

O alcalde avanzou parte da programación municipal de artes escénicas que encherá o Auditorio Municipal entre outubro e decembro. “Camino al zoo” con Fernando Tejero, Daniel Muriel e Mabel del Pozo, as propostas de Talía Teatro, das viguesas Amorodio e Troponontroppo ou os monólogos de Luis Fabra e Danny Boy-Rivera, son algunhas das citas destacadas.

luns, 8 xul 2024
Foto de arquivo da presentación da pasada edición de VigoCultura
Foto de arquivo da presentación da pasada edición de VigoCultura

Concello de VigoCultura prepara a súa programación de artes escénicas para o segundo semestre do ano no que están previstos 23 espectáculos, dos que 19 son galegos e 4 chegan de fóra de Galicia. Cun orzamento de 90.00 euros, poderán verse entre outubro e decembro no Auditorio Municipal.

A falta de novas confirmacións para completar o programa, VigoCultura ofrecerá espectáculos para tódolos públicos con monicreques, novo circo, maxia, teatro xestual e teatro contemporáneo, ademais dun espectáculo de danza para primeira infancia (nenas e nenos 0 a 3 anos).

Abel Caballero avanzou algún dos espectáculos destacados para o público familiar:

◦ “Entrecajas” de Teatro Paraíso, premio Fetén 2024 ao mellor espectáculo de clown

◦ “A teteira de Kabul”, de Jarabe Tulú”, finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques

◦ Joshua Kennet, artista inglés-galego, que gañou en 2023 o Premio Frakson outorgado pola Sociedade Española de Ilusionismo de Madrid ao mellor ilusionista do estado español

◦ A compañía viguesa Amarelo estrea a súa obra “O arcón de Noa”

Entre os destacados para público adulto están:

◦ Pentación, compañía creada nos anos 80 por Rafael Álvarez “El Brujo”, que trae a Vigo “Camino al zoo” con Fernando Tejero, Dani Muriel ou Mabel del Pozo

◦ “Una enemiga del pueblo” de Talía Teatro que levou sete premios María Casares 2024 e estivo nomeada aos Premios Max das Artes escénicas

◦ Compañías da cidade: Amorodio con “Cuadra de Amor” ou Troponontroppo con “A noite antes xusto dos bosques”

◦ Compañías de renome no panorama teatral galego como Sarabela Teatro, Teatro do Noroeste ou Redrum Teatro, así como compañías de danza como a de Fran Sieira ou Verdeveras en coprodución co Centro Dramático Galego

◦ Polo momento, van confirmados catro monólogos:

▪ Luís Fabra (colaborador do programa de televisión “Todo es mentira”)

▪ Danny Boy-Rivera (colaborador do programa La Resistencia)

▪ Esther Carrodeaguas con “O único que verdadeiramente quixen toda vida é ser delgada”

▪ “Yo, Fraude” da viguesa de adopción Paula Pier

 


 

 

Descargar todas as imaxes