xoves, 21 dec 2023
Instalaranse 20 carpas en diferentes puntos da cidade, que albergarán concertos de grupos e bandas, pasarrúas, actuacións de magos e pallasos e danza.
mércores, 20 dec 2023
Abel Caballero presentou este mércores os obradoiros "Entre fiestras anda o xogo", organizados os días 2, 3 e 4 de xaneiro no espazo anexo do Museo de Arte Contemporánea. Está destinado a nenos de 3 a 12 anos e a participación é gratuíta.
mércores, 20 dec 2023
O acordo para a revisión da Rede Transeuropea de Transporte inclúe a Vigo no Corredor Atlántico dentro da denominada Rede Básica, con finalización antes do ano 2030.
martes, 19 dec 2023
Abel Caballero anunciou este martes que o Hospital Ribeira Povisa recibirá en 2024 a Medalla de Ouro da cidade de Vigo en recoñecemento a cinco décadas da “grandísima” atención sanitaria prestada a miles de vigueses, así como á xeración de emprego como se constata na actualidade cun persoal de 1.500 traballadores.
martes, 19 dec 2023
O Concello adícalle un importe de 1.823.738 euros, aumentando en 510.968 euros, un 38%, con respecto ao curso pasado.
martes, 19 dec 2023
Abel Caballero celebrou este martes o 75 aniversario do Colexio Hogar Afundación lembrando tanto o valor achegado a Vigo coa formación de miles de especialistas en distintas ramas industriais, como o traballo dunha das súas figuras relevantes, Raimundo Sendino, por tender pontes entre a economía, o deporte e a cidade.
luns, 18 dec 2023
O Servizo de Axuda a Domicilio do Concello atendeu ao longo de 2023 a 1.300 persoas con distintos graos de dependencia. Así o detallou este luns o alcalde ao explicar que se dedicaron máis de 600.000 horas á atención, ao avanzar a festa de celebración de Nadal organizada mañá no hotel Coia, que contará coa participación de 578 persoas entre usuarios do servizo e acompañantes.
venres, 15 dec 2023
Abel Caballero anunciou este venres o acordo da Xunta de Goberno de axudar a 56 emprendedores de Vigo a crear a súa empresa.
venres, 15 dec 2023
O Ministerio de Transición Ecolóxica de ven de publicar a modificación de aspectos puntuais do "Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026", no que se adican 72 millóns de euros a nova subestación, “unha inversión importantísima”.
venres, 15 dec 2023
Vigo aumenta o número de sendeiros azuis coa incorporación, aos catro xa existentes, da Senda de Ribeira polo río Lagares. Así o anunciou este venres o alcalde ao detallar que se trata dun paseo de 11,8 quilómetros, desde a rúa Manuel Álvarez ata a desembocadura.