Coia contará cun reforzo do servizo de bus nocturno durante as festas da próxima fin de semana
O Concello reforzará o venres 5 e o sábado 6 de xullo o servizo nocturno de transporte urbano con motivo das festas da Consolación de Coia. Así o anunciou hoxe o alcalde ao apuntar que durante a fin de semana o barrio contará cunha maior frecuencia de tránsito de autobuses.
Abel Caballero explicou este mércores que durante a próxima fin de semana reforzarase o servizo nocturno de transporte urbano para aumentar a frecuencia do paso por Coia, con motivo da celebración das festas. O alcalde destacou que os usuarios contarán co reforzo da R1, así como co servizo da C1 nocturna, da N4 e da N1, ademais das melloras na C3, 4A, 4C, 5B,10, 12A, 13, 15A e 23.
O percorrido de ida da R1 transcorrerá por Avenida Castelao 24, Praza de América (túnel), Camelias, Venezuela- Gran Vía, Urzáiz-Príncipe, Travesía de Vigo, Doutor Canoa (San Lorenzo), e García Barbón.
O traxecto de volta discorrerá por García Barbón, Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Praza de Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Beiramar, Gaiteiro Ricardo Portela, Torrecedeira, Praza Eugenio Fadrique, rúa Coruña, Praza de América e Avenida de Castelao 50.
O rexedor lembrou que toda a información sobre horarios e percorridos está accesible na App de Vigo.