Actividades interxeracionais nas prazas dentro do programa "Vigo, cidade dos maiores"
As prazas de todo Vigo ofrecerán actividades ao aire libre para todas as idades dentro do programa de Avellentamento activo. Serán de luns a venres entre as 10,00 e as 11,00 h en distintos espazos públicos da cidade.
O alcalde deu conta esta mañá do inicio das actividades de Avellentamento Activo en diferentes espazos públicos da cidade dentro do programa Vigo cidade amiga dos maiores. Todos os días, de luns a venres, as persoas interesadas poderán participar en accións de diversión, pilates, baile, canto ou tai chi, entre as 10,00 e as 11,00h.
Trátase de actividades interxeracionais completamente gratuítas e desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. O luns serán na Praza do Calvario; o martes, na Praza Independencia; o mércores, na Alameda de Bouzas; o xoves, na Praza da Miñoca e, finalmente, o venres, no patio exterior Centro Cívico de Teis.
Abel Caballero tamén avanzou que na última comisión extraordinaria para resolver axudas urxentes, o Concello outorgou 12 achegas de bono taxi por importe de 4.450 euros. O total de axudas de emerxencia no vai de ano é de 2.356 achegas, por un importe total de 813.362,46 euros cos que beneficiaron a 5.892 persoas.