O alcalde anima a gozar da Feria do Libro na Praza de Compostela
A Praza de Compostela convértese esta semana no epicentro da cultura da cidade coa celebración dunha nova edición da Feira do Libro que, ata o domingo 7 de xullo, desprega unha ampla oferta para os lectores de todas as idades nos 17 expositores instalados. Así o lembrou hoxe o alcalde ao inaugurar a nova cita e saudar a cada un dos libreiros que participan na nova edición. Cabaleiro animou á cidadanía a sumarse no encontro cultural.

Abel Caballero inaugurou hoxe a Feira do Libro de Vigo realizando un recoñecemento expreso á achega dos libreiros e poñendo en valor o seu traballo para difundir a literatura e aos literatos.
O alcalde animou aos visitantes á cita cultural a saudar a cada libreiro “para agradecerlles o seu traballo e a súa función como transmisores excepcionais da cultura”, á vez que lembrou que en cada creación literaria “unha parte do espírito do autor está aí, conformando a esencia do libro, que é máis que letra impresa sobre o papel porque é unha forma de transmitir vivencias e pensamentos”.
O Concello está presente na feira cun estand da librería Neira Vilas e do Centro de Documentación e Recursos Feministas.
O director da Feira do Libro, Xurxo Patiño, congratulouse de recuperar a Praza de Compostela para a nova edición dunha cita onde asegura que os lectores van atopar “moitas tentacións”.



