mércores, 3 xul 2024
                    Una casa con encanto. El Músical abrirá este ano a programación infantil de Castrelos cun espectáculo tributo á coñecida película de Disney. A cita será o mércores 17 de xullo ás 20,00 h.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 3 xul 2024
                    O alcalde e a primeira tenente de alcaldía participaron hoxe na celebración do 50 aniversario de actividade en Vigo da empresa de compoñentes da automoción ZF, instalada no polígono do Caramuxo. Ademais de descubrir a placa conmemoración do medio século de actividade da planta de produción de pezas de recambios e inxección de pezas plásticas en cubertas dos airbags, Abel Caballero encomiou o financiamento conseguida para a automoción cos PERTE aprobados polo Goberno.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 3 xul 2024
                    O Concello reforzará o venres 5 e o sábado 6 de xullo o servizo nocturno de transporte urbano con motivo das festas da  Consolación de Coia. Así o anunciou hoxe o alcalde ao apuntar que durante a fin de semana o barrio contará cunha maior frecuencia de tránsito de autobuses.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 3 xul 2024
                    Promover  e facilitar contornas urbanas que propicien a inclusión, a sustentabilidade e a resiliencia, é o eixo da conferencia “Construíndo pontes”, organizada para este xoves dentro do programa de actividades do Festival de Arquitectura Urbana TAC!, que se desenvolve na Porta do Sol.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 3 xul 2024
                    O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Síndrome Rubinstein-Taybi este mércores 3 de xullo iluminando de amarelo as fontes da rúa Aragón. Trátase dun transtorno xenético raro, coñecido popularmente como "síndrome dos pulgares anchos" asociado tamén a dificultades de aprendizaxe e desenvolvemento e outros problemas severos de saúde.