O TAC celebra este xoves o debate "Construíndo pontes", centrado no desenvolvemento de cidades inclusivas
Promover e facilitar contornas urbanas que propicien a inclusión, a sustentabilidade e a resiliencia, é o eixo da conferencia “Construíndo pontes”, organizada para este xoves dentro do programa de actividades do Festival de Arquitectura Urbana TAC!, que se desenvolve na Porta do Sol.

Abel Caballero avanzou hoxe a conferencia organizada para este xoves, dentro do Festival de Arquitectura Urbana TAC!, onde arquitectos e responsables de distintas ONG, debaterán en torno ao desenvolvemento dun modelo de cidade que favoreza a inclusión.
O alcalde, tras recalcar o “éxito marabilloso” do festival de arquitectura que se celebra na Porta do Sol, indicou que a xornada “Construíndo pontes” é unha forma de promover e facilitar nas cidades contornas inclusivas, sostibles e resilentes, a través da arquitectura. “A interconexión da cidade de Vigo e a forma de facer que sexan inclusivos e que diferentes culturas da cidade atopen as súas pontes de comunicación a través da arquitectura e da sustentabilidade urbana”, apuntou.
Entre os participantes na actividade atópanse, ademais de profesionais do Colexio de Arquitectos de Galicia, representantes de Cruz Vermella, ProVivienda, a Asociación de Refuxiados Xirasol, o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresas, a Asociación Aulas Abertas, Arquitectura sen fronteiras e SEDE Galicia.