Caballero explica ao alumnado do "Vigo en Inglés" as condicións da estadía en Irlanda e no Reino Unido
Abel Caballero anunciou hoxe a participación dun total de 928 mozos na edición de 2024 do programa de becas “Vigo en Inglés”, ao que o Concello dedica 3 millóns de euros.
O alcalde reuniuse este martes co estudantado que participa na edición de 2024 do programa "Vigo en Inglés" para explicarlles de forma pormenorizada tanto os detalles da súa estadía, como para anticiparlles que recibirán un curso en liña de 85 horas para que melloren a súa aprendizaxe do idioma antes de desprazarse a Irlanda ou ao Reino Unido.
Caballero apuntou que as 928 becas de inglés, cun custo de 3.235 euros por alumno, requiren un total de 3 millóns de euros, “magníficamente ben gastados”.
Entre as novidades deste ano figura a ampliación do número de monitores para asistir aos mozos, xa que pasarán dos 47 de 2023 a 55 da edición que comezará en setembro. “Haberá un monitor por cada 16 alumnos”, remarcou o rexedor.