Escoitar

Abel Caballero proclama a enfermería como unha parte "nuclear" da atención sanitaria

Abel Caballero participou este luns na toma de posesión da nova Xunta de Gobierno do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, presidida por Pablo Moreira, nun acto celebrado en Vigo. O alcalde agradeceu aos profesionais da saúde o traballo que desenvolven no coidado dos enfermos. "Vós sodes unha parte nuclear, central, do proceso de saúde ao que nós damos toda a importancia porque nas vosas mans encomendamos a nosa vida", afirmou o alcalde ao poñer en valor a "confianza" depositada polos pacientes nos profesionais da enfermería. O rexedor ofreceu á nova directiva colexial a cooperación do goberno municipal de Vigo.

luns, 1 xul 2024
Descargar todas as imaxes