Escoitar

Vigo, cidade de cor cumpre 10 anos enchendo as rúas de arte efémera

O alcalde e a tenente de alcalde, Carmela Silva, participaron este venres no acto de conmemoración do décimo aniversario do programa municipal de arte urbana, organizado no marco da programación do TAC! Festival de Arte Urbana

venres, 28 xuñ 2024

A Porta do Sol acolleu a celebración dos primeiros dez anos do programa municipal que naceu no ano 2015 co obxectivo de converter a cidade nun museo ao aire libre de diferentes rexistros artísticos e que pretente acabar co "feísmo" transformándoo en arte. O programa acompáñase en cada edición cun conxunto de actividades e actuaciones culturais complementarias.

Neste dez anos de historia, Vigo cidade de cor alcanzará as 185 medianeiras, repartidas por toda a cidade, tanto en edificios como en centros escolares, que suman un total de 46 intervencións. Teñen participado artistas novos e consagrados, tanto locais como do ámbito internacional. 

Neste 2024 o programa de medianeiras iniciouse o pasado mes de marzo cunha primeira actuación na Vía Verde, que permitiu renovar a ponte á altura da rúa Coutadas, pintando e instalando unha pérgola téxtil a modo de marquesiña.

Esta ano encheranse de arte urbana os seguintes espazos: Auditorio municipal de Teis (autora, Anna Langeheldt); muro do aparcamento da AAVV de Matamá (autora, Eva Casais); Travesía de Vigo, 222 (autora: Expostas); rúa Robleda, 118 (autor: Pablo Loyola); muro do campo de fútbol de Coia na rúa Nigrán (autor, Slim Safont); paseo Avenida Castelao (autora, Vanesa Álvarez); pista deportiva da Salgueira (autor, Víctor Playincolors) e muro da rúa Ourense esquina Romil (autor, Zesar Bahamonte).

 

Descargar todas as imaxes