venres, 28 xuñ 2024
O alcalde asinou hoxe o decreto que nomea a Ana María Mejías como quinta tenente de Alcaldía e fixa o reaxuste das competencias dos membros do goberno municipal de Vigo. Esta decisión responde ás novas responsabilidades asumidas como parlamentarios galegos polos edís Elena Espinosa e Carlos López Font.
venres, 28 xuñ 2024
O alcalde e a tenente de alcalde, Carmela Silva, participaron este venres no acto de conmemoración do décimo aniversario do programa municipal de arte urbana, organizado no marco da programación do TAC! Festival de Arte Urbana
venres, 28 xuñ 2024
O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, clausurou este venres o Campus Travesas 1, e o X Campus Multideporte “Aprende a xogar” de Coruxo. Abel Caballero compartiu cos participantes e cos monitores una das actividades lúdicas organizadas para que os máis pequenos gocen dos campamentos de verán municipais.
venres, 28 xuñ 2024
O programa cultural e musical “Curiosidades Solita” arrincará o vindeiro venres 5 de xullo en Villa Solita, Alcabre, segundo anunciou este venres o alcalde ao debullar os oito concertos programados ata o 23 de agosto a partir das nove da noite.
venres, 28 xuñ 2024
O rexedor sinalou que se trata dunha carreira “federada” da “máxima importancia” para Vigo. A proba disputarase dende as 10:30 horas, organizada polo Club Ciclista Teis, en colaboración co Concello de Vigo.