martes, 2 xul 2024
Abel Caballero anunciou hoxe a participación dun total de 928 mozos na edición de 2024 do programa de becas “Vigo en Inglés”, ao que o Concello dedica 3 millóns de euros.
martes, 2 xul 2024
O alcalde celebrou que a ocupación dos voos no aeroporto de Vigo bateran récord cun 85,71% de ocupación, “avións case cheos”, manifestou o alcalde. Palma de Mallorca e Vigo estarán conectadas pola compañía AirNostrum durante todo ano.
martes, 2 xul 2024
As dúas primeiras recreacións da vida romana no xacemento de Toralla serán este xoves, 4 de xullo, en dous pases ás 20 e ás 21 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Os espectáculos serán os xoves de xullo e agosto coa loita de gladiadores como “estrela da exhibición”.
martes, 2 xul 2024
O alcalde reuniuse hoxe coa directora de cinema Carla Simón, e coa produtora María Zamora, para abordar o próximo inicio da rodaxe da película "Romaría". As cineastas, acompañadas pola responsable da Vigo Film Office, Amaia Mauleón, explicaron ao rexedor que Vigo será o escenario principal da longametraxe que se rodará entre os meses de agosto e setembro en Vigo. As dúas contan co Premio Nacional de Cinematografía.
martes, 2 xul 2024
Actividades e exhibicións exclusivas, ademais da participación de relevantes figuras internacionais, sitúan á nova edición de “Kokoro Japan Expo”, que se celebrará os día 6 e 7 de xullo no Instituto Feiral de Vigo, como unha das citas de referencia nacional e internacional ao redor da cultura xaponesa. “Que todo Vigo veña a Ifevi a contemplar unha feira excepcional”, convidou este martes o alcalde ao presentar, coa concelleira de Turismo María Lago, a nova edición da cita.
martes, 2 xul 2024
O Trofeo Internacional Cidade de Vigo de grupos show vaise celebrar esta fin de semana (16:00 horas, sábado e domingo) no Pavillón Central do complexo deportivo municipal das Travesas.
martes, 2 xul 2024
As prazas de todo Vigo ofrecerán actividades ao aire libre para todas as idades dentro do programa de Avellentamento activo. Serán de luns a venres entre as 10,00 e as 11,00 h en distintos espazos públicos da cidade.
martes, 2 xul 2024
O persoal municipal tivo que abandonar no mediodía deste martes as instalacións tras a activación do sistema de alarma e megafonía alertando dun incendio na segunda planta, quedando concentrados na Praza do Rei. O obxectivo do simulacro era comprobar a efectividade da posta en marcha e o desenvolvemento dos avisos e dos equipos de intervención e evacuación do Concello.