O Concello realiza un simulacro de evacuación do edificio
O persoal municipal tivo que abandonar no mediodía deste martes as instalacións tras a activación do sistema de alarma e megafonía alertando dun incendio na segunda planta, quedando concentrados na Praza do Rei. O obxectivo do simulacro era comprobar a efectividade da posta en marcha e o desenvolvemento dos avisos e dos equipos de intervención e evacuación do Concello.
![Imaxe de persoal municipal na Praza do Rei](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/4e9zTE00jtgSEkPgl0tsUcZ5NuzGOtZ3mkzk3MvX.jpeg)