O aeroporto de Vigo rexistra récord de ocupación en xuño
O alcalde celebrou que a ocupación dos voos no aeroporto de Vigo bateran récord cun 85,71% de ocupación, “avións case cheos”, manifestou o alcalde. Palma de Mallorca e Vigo estarán conectadas pola compañía AirNostrum durante todo ano.
O alcalde de Vigo deu a coñecer a ocupación dos voos do aeroporto de Vigo, “que foron o mellor dato da historia nun mes de xuño e o mellor mes no que vai de ano 2024. A cifra rexistrada por AENA é dun 85,71%, “o que significa que os avións van cheos de persoas”. Isto supón 4 puntos máis de ocupación que en xuño do ano anterior.
En canto aos diferentes destinos, encabeza Barcelona cunha ocupación do 97%; Gran Canaria 88,5%; Tenerife e Londres 87%, Bilbao 86%; 82% en Madrid; e Palma de Mallorca 59%.
A ruta Vigo – Palma de Mallorca consolídase en Vigo como unha nova ruta anual que será operada por AirNostrum.