A Porta do Sol descúbrese ás persoas invidentes
O Concello en colaboración coa ONCE instala unha maqueta tiflolóxica con información accesible sobre a “gran praza da cidade” porque “queremos que sexa para tódalas persoas”.
O Concello en colaboración coa ONCE instala unha maqueta tiflolóxica con información accesible sobre a “gran praza da cidade” porque “queremos que sexa para tódalas persoas”.
Abel Caballero informou esta mañá dalgunhas medidas que establecerá o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito da vivenda. Tamén destacou que dende o goberno municipal, “vimos de poñer en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade”.
O alcalde desvelou que a ocupación media nos hoteis da cidade durante o mes de xuño foi do 76%, “o mellor resultado de ocupación hoteleira nun mes de xuño desde que hai rexistros”.
Abel Caballero reclamou este xoves, no acto de apertura do rehabilitado espazo anexo do Museo de Arte Contemporánea como “MARCO inclusivo”, a “cooperación e a atención que agora non temos” doutras institucións coas competencias de cultura para promocionar e desenvolver a cultura de Vigo. “A primeira cidade de Galicia necesita investir e o museo é unha mostra clara”, defendeu o alcalde.
O alcalde reuniuse hoxe coa xunta permanente da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria para abordar os preparativos do pregón deste ano, así como da procesión que terá lugar o domingo 4 de agosto. Caballero compartiu con José Vidal, Párroco da Colexiata, Marora Martín-Caloto e José Troncoso, irmá maior e vicepresidente da confraría, respectivamente, así como con Carlos Borrás, secretario da xunta directiva, a organización programada para a celebración relixiosa.