O rexedor aborda coa Confrafía do Cristo da Victoria os preparativos do pregón e da procesión
O alcalde reuniuse hoxe coa xunta permanente da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria para abordar os preparativos do pregón deste ano, así como da procesión que terá lugar o domingo 4 de agosto. Caballero compartiu con José Vidal, Párroco da Colexiata, Marora Martín-Caloto e José Troncoso, irmá maior e vicepresidente da confraría, respectivamente, así como con Carlos Borrás, secretario da xunta directiva, a organización programada para a celebración relixiosa.
