Escoitar

O goberno local habilita 100 novas prazas dentro do programa Vigo en inglés

O Concello vén de sumar 100 novas prazas ás 927 adxudicadas ata o de agora dentro do programa Vigo en inglés. Tal e como explicou o rexedor, os novos beneficiarios serán contactados proximamente entre os alumnos que están en lista de agarda.

mércores, 3 xul 2024
Reunión informativa coas familias beneficiarias do Vigo en inglés
Reunión informativa coas familias beneficiarias do Vigo en inglés

Este ano gozarán dunha estadía de inmersión lingüística 1.027 alumnos de 4 da ESO dentro do programa Vigo en Inglés. O alcalde vén de anunciar que se habilitarán 100 prazas máis que se sumarán ás 927 bolsas concedidas ata o de agora para que viaxe o maior número de estudantes posible. Os novos beneficiarios serán contactados proximamente, indicou, para trasladarlles as condicións da estadía en Reino Unido ou Irlanda.

O importe desta acción educativa é de 3,2 millóns e o prezo por alumno é de 3.235 euros. Este ano contarán con 55 monitores, ata o de agora eran 47, polo que haberá 16 alumnos por monitor.

Caballero participou onte na sesión informativa para as familias ás que xa se lles comunicou que teñen praza para viaxar a partir do mes de setembro.

Descargar todas as imaxes