As fontes de Aragón ilumínanse de verde e laranxa polo Día da Fibrose Quística

mércores, 24 abr 2024

Este mércores 24 de abril celébrase o Día da Fibrose Quística, unha enfermidade hereditaria, crónica e dexenerativa que afecta a preto de 3.000 persoas en España, 160 delas en Galicia. Baixo o lema "A saúde mental: unha viaxe colectiva", as asociacións demandan maior apoio para a saúde mental das persoas con fibrose quística e as súas familias, que teñen un maior risco de padecer síntomas de ansiedade e depresión polas esixencias da enfermidade.

Alumnos do Colegio Losada adéntranse no coñecemento da historia da Reconquista de Vigo

mércores, 24 abr 2024

Alumnos de 5º y 6º de primaria del Colexio Losada adentráronse este mércores nos principais escenarios da Reconquista de Vigo co programa ‘A Máquina do Tempo - Reconquista Vigo 2024’. Saudados polo alcalde Abel Caballero ao inicio do percorrido, no que participou o soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre, o alcalde incidiu ante os cativos na importancia de coñecer os momentos claves do desenrolo da historia da cidade. Os estudantes iniciaron o percorrido didáctico desde a Praza do Rey, para continuar polas rúas e prazas do Casco Vello. Tamén asistiron a proxeccións, charlas, unidades didácticas. Na actividade organizada polo Concello participan 1.200 escolares de 34 centros de la cidade.

O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo

martes, 23 abr 2024

Abel Caballero asegurou este martes que o espazo configurouse como novo “centro de gravidade” cambiando “o concepto de Vigo e a forma de entender a cidade”. Así o afirmou tras asinar, coa directora xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, o convenio con Ceetrus Urban Player Spain que converte ao Concello en titular dos 21.904 metros da praza durante 50 anos, e fixa a repartición dos custos do mantemento conxunto entre a administración municipal e a empresa privada. “Isto é moi conveniente para o Concello e aseguramos que estea en perfecto estado”, indicou.

O Ceip Canicouva achégase á historia da Reconquista

martes, 23 abr 2024

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do centro educativo participou este martes no programa ‘A Máquina do Tempo - Reconquista Vigo 2024’, un percorrido didáctico que organiza o Concello para achegar a historia da cidade aos máis cativos coa visita polas rúas e prazas do Casco Vello, proxeccións, charlas, unidades didácticas da man do soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre e coa heroína viguesa Aurora. O alcalde saudou aos participantes na parada realizada na Praza do Rei O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5o e 6o de Primaria O Servizo Municipal de Educación achegará a historia e a festa da Reconquista a preto de 1200 escolares de 5o e 6o de educación primaria de centros educativos de Vigo, a través de visitas guiadas polos restos do Castelo de San Sebastián, polas rúas e prazas do Casco Vello, proxeccións, unidades didácticas e un roteiro dirixido por actores caracterizados que interpretan ao soldado francés da garda napoleónica Pierre Delapierre, e a heroína viguesa Aurora, ambos perdidos polas rúas de Vigo dende os tempos de Cachamuína e a histórica data de 1809.

Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio

luns, 22 abr 2024

O Concello volve organizar visitas ás Illas Cíes dentro do Programa Camiño a Camiño. Os itinerarios terán lugar os días 19 e 26 de maio, segundo anunciou este luns Abel Caballero ao indicar que a preinscrición para acceder a unha das 300 prazas ofertadas realizarase a través do servizo municipal do 010 e que o peche da inscrición hai que realizalo na Navieira Mar de Ons.