Caballero: "E moi importante que as nenas sexan conscientes das súas enormes capacidades científicas"

xoves, 8 feb 2024

"É moi importante que as nenas se habitúen aos estudos científicos e ás contribucións científicas e que sexan conscientes da súa enorme capacidade". É a mensaxe dirixida este xoves polo alcalde aos alumnos de seis centros de primaria e secundaria de Vigo con motivo da celebración, no Museo Verbum, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Caballero urxe a ampliar o Ifevi para a consolidación de Conxemar en Vigo

mércores, 7 feb 2024

O forte impacto que xera a feira de Conxemar na economía e o emprego urxe a poñer en marcha a nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo, Ifevi. Así se expresou este mércores o presidente do consello do Consorcio de Zona Franca, Abel Caballero, no acto de presentación do informe que reflicte que a cita internacional dos produtos do mar conxelados xera un volume de negocio de 750 millóns de euros. Neste escenario expresou o apoio do seu goberno a reclamación sectorial do aumento da superficie do recinto feiral para afrontar a competencia nacional e internacional.

O alumnado do Colexio Mercantil visita o Concello

martes, 6 feb 2024

Abel Caballero recibiu este martes no Salón de Plenos do Concello a 50 estudantes do colexio Plurilingüe Mercantil que participaron no programa "Visita o teu Concello". Os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro e segundo de Secundaria atenderon as explicacións do rexedor sobre a transcendencia do funcionamento da administración municipal na calidade de vida da cidadanía.

Concello e Conxemar avanzan na colaboración para a cesión dun espazo no Mercado do Berbés

luns, 5 feb 2024

O alcalde mantivo unha xuntanza coa directiva de Conxemar na que avanzaron na colaboración para poñer en marcha un proxecto que achegue o consumo dos produtos do mar á rapazada. Abel Caballero informou que o Concello pon a dispor de Conxemar un espazo no Mercado do Berbés, sen interromper a acción do Mercado, para levar adiante esta iniciativa. "Hai que seguir familiarizando os produtos do mar cos mozos e mozas, é un consumo saudable e con alto nivel proteico", expresou o rexedor.