Escoitar

Caballero: “Vigo vivirá co Marisquiño a mellor fin de semana de deportes urbanos do mundo”

Abel Caballero anunciou o inicio, mañá xoves 8 de agosto, do Marisquiño “máis olímpico”, por contar coa participación de deportistas que se desprazan a Vigo directamente desde as olimpíadas de Paris. “Serán 4 días de skate e de deportes urbanos, de festa e de atracción”, afirmou o alcalde. “A mellor fin de semana de deportes urbanos de todo o mundo”, destacou.

mércores, 7 ago 2024

“O Marisquiño é moi importante para Vigo e para que mozos e mozas fagan deporte moderno e teñan un modo de vida saudable, nunha cidade deportista, olímpica e saudable”, afirmou hoxe o alcalde ao anticipar o arranque, a partir deste xoves, da XXIV edición de O Marisquiño”.

Caballero destacou a presenza na cidade de skaters que se trasladan a Vigo directamente das Olimpíadas de París, como Danny León, Julia Benedetti ou Natalia Muñoz, ademais de destacadas figuras do BMX mundial, como os norteamericanos Brady Baker, Daniel Sandoval ou Jeremy Malott e grandes nomes do skate adaptado a nivel internacional como Dan Mancina ou Kanya Sesser.

A festa do deporte e da cultura urbana volve ter como eixo central a praia de Samil, xa que concentrará á maioría das disciplinas e dos concertos. O descenso MTB volverá ser desde o Castro ata o Berbés, o sábado 10.

As actividades arrincarán mañá con obradorios que permitirán a máis de 250 nenos e mozos achegarse aos seus deportes urbanos favoritos e ao grafitti e organizaranse adestramentos e pre-clasificacións nos circuítos de skate e BMX.

O Marisquiño volverá contar, ademais da competición dos Galos, con concertos que  permitirán gozar nas inmediacións da praia con actuacións de artistas que representan distintos estilos música urbana como Reality, Rusowsky, ABHIR, LaBlackie, Kyne e Six Sex. Todos os concertos, que se celebran no aparcamento 2 de Samil, son gratuítos, do mesmo xeito que a participación en todas as actividades.

Descargar todas as imaxes