O servizo de socorrismo despregado nas praias de Vigo atendeu a 1.495 persoas na primeira metade do verán
O servizo de socorrismo despregado polo Concello nas praias realizou un total de 1.495 asistencias ata o día 31 de xullo. Así o avanzou este martes Abel Caballero ao lembrar que o operativo atende ás necesidades de doce areais da cidade. “Un bo sistema de socorrismo que xa atendeu a 1.500 persoas”, afirmou.
O alcalde explicou hoxe que o dispositivo de socorrismo que atende ás necesidades dos usuarios das praias de Rodas, Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Samil, Argazara, Santa Baia, Carril, O Adro, Tombo do Gato, e A Punta, desde o 15 de xuño ao 15 de setembro, conta coo traballo de 150 profesionais.
As 1.495 asistencias realizadas na primeira metade do verán foron realizadas polo equipo conformado por 82 socorristas, incluídos os 9 profesionais que atenden ás piscinas, que son sanitarios, técnicos de comunicacións e de accesibilidade. A estes hai que sumar 30 efectivos da unidade de costa e praia da Policía Local que realizan a cobertura de todas as praias; outros 25 operarios de limpeza e 10 traballadores destinados ao mantemento dos parques dos areais.