O alcalde visitou o inicio da montaxe da competición de "Basket 3x3" de O Marisquiño
Abel Caballero sinalou que “estamos en plena olimpiada de París” pero en breve “comeza a postolimpiada do deporte urbano” co Marisquiño, xa que “grandes deportistas que están na capital francesa competindo, estarán en Vigo”.

O rexedor vigués, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva; polo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, e os organizadores do evento, achegáronse esta mañá a instalación do “Basket 3x3”.
Como xa sucedeu na anterior edición, a competición baloncestística disputarase en A Laxe, onde se realizan os traballos de instalación da pista e a bancada. Caballero quixo recalcar o apoio que recibe O Marisquiño por parte do Concello de Vigo e convidou “a toda Galicia e a toda España" a acudir a Vigo este fin de semana, “participando e gozando do festival”.



