Escoitar

O Concello becará a 1.127 estudantes para aprender idiomas no extranxeiro

O alcalde explicou hoxe que no curso escolar que comeza o próximo mes de setembro 1.127 estudantes de Educación Secundaria e da Escola Oficial de Idiomas contarán cunha beca do Concello, coa que perfeccionarán idiomas no estranxeiro.

luns, 5 ago 2024
O alcalde na reunión de xullo cos estudantes que contan coa beca de "Vigo en Inglés"
O alcalde na reunión de xullo cos estudantes que contan coa beca de "Vigo en Inglés"

O Concello destinará máis de 3 millóns de euros ás becas do Vigo en Inglés e para estudantes da Escola Oficial de Idiomas, que como detallou esta mañá Abel Caballero, acuden a mellorar os seus idiomas noutros paises.

Trátase dun total 1.127 estudantes, que como lembrou o rexedor,  "tras a publicación da primeira listaxe de adxudicatarios das axudas do Concello, o goberno municipal acordou ampliar en 100 as becas para os estudantes de secundaria que participan no Vigo en Inglés", de modo que aos primeiros 927 adxidicatarios da lista publicada no mes de xullo sumaranse 100 demandantes.

Os estudantes que contan coa beca reciben, previamente ao seu desprazamento ao Reino Unido, clases en Vigo para familiarizarse co idioma e a cultura. “A mellor preparación”, asegurou, engadindo que a nova edición terá máis de 55 monitores.

Excursións

O goberno municipal aprobou a contratación dos servizos para as excursións que realizan os alumnos de todos os colexios públicos e concertados, dentro do programa “Vigo Educa” , segundo avanzou hoxe o alcalde.

“Tratamos de que as nenas e os nenos coñezan ámbitos da cidade e familiarícense co funcionamento de Vigo”, explicou Caballero ao apuntar que o Concello destina 360.000 euros ao programa. “Miles de alumnos van utilizar transporte gratuíto para numerosas actividades didácticas”, recalcou o alcalde.

“Festa do Polbo”

O vindeiro domingo 11 de agosto celebrarase na parroquia de Valladares a “Festa do Polbo” co apoio do Concello, segundo lembrou este luns o alcalde.

“Trátase dunha gran festa, importante e con gran tradición, que viña celebrando no monte dous Pozos que este ano se celebra preto da asociaciación veciñal”, afirmou Caballero ao lembrar que a cita conta cunha subvención municipal de 9.500 euros .

Descargar todas as imaxes