Escoitar

O PXOM recibe o informe favorable de Aviación Civil

Abel Caballero informou que o Concello recibiu o informe favorable de Aviación Civil do Goberno de España para seguir adiante co PXOM. Caballero destacou que "é un paso moi importante, froito da cooperación entre o Concello e a Secretaría Xeral de Transporte aéreo e marítimo"

venres, 2 ago 2024

Vigo ten “luz verde” do Goberno de España para seguir adiante coa aprobación Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concello recibiu ven de recibir o informe favorable de Aviación Civil, así como o de Telecomunicacións, recibido o pasado 14 de xuño.

Abel Caballero celebrou a recepción destes documentos “porque son un novo paso fundamental na tramitación do PXOM. O Plan de Ordenación Municipal vai a velocidade de cruceiro”, indicou.

O alcalde explicou que o procedimento a seguir e a remisión á Xunta de Galicia "que fai a avaliación final", e despois será remitido a Costas para un último informe. A partir de aí, levaráse a Pleno para a súa aprobación definitiva.

“O Plan vai a velocidade de cruceiro e cambiará historicamente a cidade de Vigo”, dixo o rexedor. O novo PXOM garante o acceso á vivenda, máis espazos verdes, novas dotacións e servizos imprescindibles.

Descargar todas as imaxes