Escoitar

A cor invade a Avenida de Castelao co gran mural colaborativo incluído no programa municipal Vigo, cidade de cor

Abel Caballero e as concelleiras Carmela Silva, Elena Espinosa, e Yolanda Aguiar vistaron este venres os traballos finais do gran mural pintado no chan que cobre a Avenida de Castelao, dende Praza América ata a rotonda do barco de Alfageme. A pintura colaborativa é unha obra de Vanesa Álvarez.

venres, 2 ago 2024

O gran mural colaborativo de Coia, enmarcado no programa “Vigo Cidade de Cor”, que transforma un paseo dun quilómetro de lonxitude da Avenida de Castelao nun espazo de cor, afronta a recta final da súa elaboración. Así o constatou o alcalde, tras contemplar as últimas creacións dunha obra que no futuro terá continuidade, xa que en 2025 o Concello seguirá completando a Avenida de Castelao desde a rotonda do barco ata os volcáns.

O alcalde destacou a singularidade da nova creación é explicou que se trata dunha pintura colaborativa, na que participan voluntarios para o pintado da superficie, “é polo tanto diferente aos murais nos edificios”.

O mural colaborativo de Coia é unha obra de Vanesa Álvarez, similar á que realizou non chan en Union Square, en Nova York.

Descargar todas as imaxes