Escoitar

Vigo albergará a futura fábrica de chips fotónicos máis importante de Europa

Abel Caballero e o delegado da Zona Franca, David Regades, mantiveron unha xuntanza co CEO de Indra, José Vicente de los Mozos, que reiterou a súa intención de liderar a fabricación de chips fotónicos, o proxecto Sparc -promovido por Zona Franca -, unha vez coñecida a importancia desta iniciativa para a industria do entorno e da potencialidade de Vigo para encabezala.

mércores, 7 ago 2024

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu esta mañá ao CEO de Indra, José Vicente de los Mozos, nun encontro no que tamén estivo presente o delegado da Zona Franca, David Regades. Durante a reunión, o responsable dunha das principais empresas globais de consultoría e tecnoloxía reiterou a súa intención de liderar a fabricación de chips fotónicos, o proxecto Sparc -promovido por Zona Franca -, unha vez coñecida a importancia desta iniciativa para a industria do entorno e da potencialidade de Vigo para encabezala.

A capacidade da Universidade de Vigo de xerar especialistas en semicondutores, tanto en investigación como en produción, converten a Vigo no lugar idóneo para albergar a futura fábrica de chips fotónicos máis importante de Europa.

Adicionalmente, durante o encontro abordouse o total de traballadores cos que conta Indra en Galicia, cun número que ronda os 1.500, dos que 150 están en Vigo.

Supón unha gran noticia para a cidade e e súa industria que Indra se asente no entorno de Vigo cun proxecto de alta tecnoloxía como o da planta de chips fotónicos.

Descargar todas as imaxes