Escoitar

O servizo 010 será gratuíto a partir do martes 20 de agosto

A partir do martes 20 de agosto as chamadas da cidadanía dirixidas ao teléfono 010 de atención ao cidadán serán gratuítas. “Tomamos a decisión de que as chamadas a un servizo que dá unha enorme atención ás persoas sexa completamente gratis para os usuarios porque queremos facilitar a relación entre a cidadanía de Vigo co Concello”, afirmou o alcalde.

mércores, 14 ago 2024

O alcalde avanzou este mércores a implantación da gratuidade das chamadas dirixidas ao servizo municipal do 010 por parte da cidadanía. Apuntou que o custo anual da decisión ascende a 77.000 euros, “que é diñeiro que a cidadanía deixarán de pagar por utilizar”.

Caballero destacou o elevado uso da atención municipal a través do teléfono 010, xa que en 2023 realizáronse 82.000 xestións, e que a gratuidade “engade ao servizo moita máis facilidade á relación entre a cidadanía e o Concello”.

Entre as melloras implantadas polo goberno municipal, tamén destaca o sistema de interpretación e atención ás persoas xordas con vídeointerpretación en lingua de signos. “Facemos unha atención moi importante aos cidadáns e cidadás coa implantación da gratuidade do 010”, remarcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes