“Enredadas” actuará en Porta do Sol o domingo 18 de agosto
Abel Caballero desvelou esta mañá que “este gran concerto” arrincará ás 22:00 horas. O seu repertorio “Coplas, jotas y alalás” é unha mestura de estilos e xéneros, logrando a reconversión da canción popular.

Vigo poderá gozar da actuación de “Enredadas” o vindeiro domingo na Porta do Sol, con “acceso libre e gratuíto”, como destacou o alcalde, para todo o público.
Trátase dun grupo composto por catro mulleres, “Uxía y Ugía Pedreira de Galicia; Martirio de Andalucía e Carmen París de Aragón”, que nos presentarán o seu repertorio “Coplas, jotas y alalás”. Caballero sinalou que “mesturan a copla, a jota aragonesa e a música tradicional de Galicia, con moita influencia das creacións do cancioneiro latinoamericano”.
“Enredadas” logra chegar a novos públicos a través da experimentación e a mestura de estilos e xéneros, logrando a reconversión da canción popular. Vigo poderá deleitarse co jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugía Pedreira.