Fin de semana de O Marisquiño cos hoteis ao 100% de ocupación
“O Marisquiño máis importante celebrado nunca na cidade, pola calidade dos participantes, o número de asistentes e a forma de entendelo afincado en Samil”, afirmou o alcalde.

Vigo rexistrou un 100% de ocupación hoteleira na fin de semana de O Marisquiño. O festival foi reclamo para encher as prazas dos hoteis da cidade ante o evento de deporte y cultura urbana referente para centos de artistas e deportistas.
Tanto é así, que Caballero puxo de manifesto a importancia de O Marisquiño, con deportistas olímpicos chegados desde París como Danny León, profesional del skate, o Sandra Ygueravide, medalla de prata en basket 3x3 nos Xogos Olímpicos celebrados na capital de Francia. Para o alcalde esta situación acredita “a calidade dos deportes urbanos no Marisquiño, onde participan os mellores do mundo”.
“O Marisquiño máis importante celebrado nunca na cidade, pola calidade dos participantes, o número de asistentes e a forma de entendelo afincado en Samil”, afirmou o alcalde. Para Caballero
Datos aeroporto Vigo
O alcalde tamén celebrou a mellora dos datos do aeroporto de Vigo, que rexistrou 111.380 viaxeiros no mes de xullo, unha cifra superior ao mesmo mes do ano anterior.

