Bouzas e Vialia súmanse ao Nadal
O alcalde anunciou que haberá un mercado de Nadal na Alameda de Bouzas. Vialia terá dous pistas de xeo, casetas de Nadal e un carrusel.
“O Nadal chegará a máis lugares Vigo”, así anunciou Abel Caballero que a Alameda de Bouzas terá un mercado de Nadal e que a praza de Vialia acollerá dous pistas de xeu, algunhas casetas ao estilo da Praza Compostela e un carrusel.
O alcalde detallou que na Alameda de Bouzas o mercado será de temática acorde ás datas, con casetas moi estéticas e decoración do Nadal. Haberá tamén actividades recreativas e iluminación de árbores.
En Vialia haberá dous pistas de xeo, unha para público infantil e outra para adultos. Amais, instalaranse 3 casetas coa temática do Nadal, ao estilo das xa coñecidas en Praza Compostela. “Decoraremos toda a praza e árbores da zona”, afirmou o rexedor.