Escoitar

Abel Caballero: "Trazamos en Vigo a senda da igualdade e da loita contra os maltratadores cos programas educativos"

O goberno municipal destinará más de 48.000 euros aos programas educativos “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero” e “Camiña con nos pola igualdade”, dirixidos á formación e concienciación dos xóvenes sobre a igualdade e contra a violencia machista. Así o anunciou este luns o alcalde ao destacar o acordo adoptado na última Xunta de Goberno. “Trátase de trazar en Vigo a senda da igualdade e da loita implacable contra os maltratadores”, afirmou Abel Caballero.

luns, 12 ago 2024

O alcalde destacou este luns o acordo adoptado na última Xunta de Goberno para dar continuidade ao programa “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero”, que conta cun orzamento de 28.908 euros. Caballero apuntou que se trata dunha iniciativa dirixida aos mozos que se desdobra en actividades formativas e no acto organizado o día 25 de novembro, con estudantes de distintos centros de Vigo, en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Caballero destacou que na mesma liña de educación, concienciación sobre a igualdade e a loita contra a violencia machista, enmárcase o programa “Camiña con nos pola igualdade”, tamén aprobado na Xunta de Goberno do venres 9 de agosto. “Dedicamos a este programa 18.000 euros ao ano para transmitir nos colexios, a través da educación, a importancia da igualdade e a loita en contra da violencia de xénero e para concienciar de que estamos nos tempos da igualdade e da loita implacable contra a violencia machista”, afirmou o alcalde.

Cultura

O rexedor destacou o convenio, tamén aprobado na última Xunta de Goberno, coa Asociación KV2211 para financiar o programa de concertos da orquestra infantil e xuvenil, por importe de 10.000 euros, así como a subvención de 4.000 euros para o Conservatorio Superior de Música de Vigo para financiar o “IX Festival de Música e Arte nas Ondas”.

Caballero lembrou que esta fin de semana actuou na Banda de Valladares na “Festa do polbo”. O alcalde remarcou que a “cultura é unha gran prioridade en Vigo”.

Descargar todas as imaxes